Sunday 05 de May de 2024

Esta fin de semana, Terceira Edición do Torneo de Golf “Concello de Ribeira” en Macenda


Do venres 14 ao domingo 16 de agosto terá lugar no campo de Pitch & Putt da Serra de Barbanza (en Macenda, municipio de Boiro) a terceira edición do torneo Concello de Ribeira.
A proba contará con tres modalidades: percorrido longo, individual stableford ou puntuable OM.
Os interesados en disputar a competición dispoñen ata mañá xoves ás 20 horas para anotarse: pódeno facer por email en barbanzagolf@gmail.com ou ben por teléfono ou whatsapp no 651 172 945. A cuota de inscrición é de 15 euros para os socios da instalación e de 22 euros para os non socios.
Hai máis de 2.000 euros en premios e un sorteo de material deportivo.